Guía micolóxica do río Caselas por Óscar Requejo Martínez (2010).pdf

(4712 KB) Pobierz
Guía
micolóxica
do río Caselas
ÓSCAR REQUEJO MARTÍNEZ
SAÚDO DO ALCALDE
Marcos Besada
Sendo membro da Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza,
organizamos aló polo ano 1996 a primeira edición de “Entenza
en Setas”, unhas xornadas micolóxicas co obxectivo de divulgar
este tesouro que, nomeadamente, en outono e primavera
agroma nas nosas ribeiras e montes e ademais sacar proveito
do potencial económico e gastronómico dos fungos e cogomelos
do noso país.
Meu pai sorprendíase sempre de que ducias de persoas
inundaran os montes de Entenza á procura destes manxares:
níscalos, trompetas dos mortos, andoas, cantarelas, fígados
de boi,.... “Como pode ser, que hoxe anden á procura do pan
da becha, cando na posguerra, coa fame que pasabamos,
andabamos a patadas nelas?” preguntábase.
É coñecida a micofobia, é dicir, a mala fama que arrastraban
os cogomelos no noso país, sobre todo nas comarcas costeiras
como a nosa. Precisamente coa divulgación e co coñecemento
da riqueza que atesoura, neste caso, a cunca do Río Caselas,
poderemos valorar na súa xusta medida a eses seres vivos,
básicos na conservación do marabilloso ecosistema que esconde
o noso río, que estamos a por en valor para amosar a súa riqueza
patrimonial, medioambiental e agora tamén micolóxica.
Grazas a Óscar Requejo, amante divulgador da micoloxía
galega, por descubrirnos tanto ós que xa hai anos que vimos
gozando destes seres como ós non iniciados no tema. Dende
hoxe a micofobia que rezumaba o meu pai, froito do medo ó
descoñecido, vaise ver, espero, atenuada.
Gozade do noso río, da súa riqueza, iso si, facédeo sempre con
“sentidiño”; é a nosa obriga deixalo en herdanza ós nosos
llos
e
llas.
DECEMBRO 2010
edita
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
texto
ÓSCAR REQUEJO MARTÍNEZ
colaboración
JOSÉ MANUEL PIÑEIRO, NICANOR FLORO ANDRÉS RODRÍGUEZ
fotografía
ANTONIO PRUNELL, JULIÁN ALONSO, PABLO VEIGA
(Portada),
JOSÉ
RAMÓN PATO
e
ÓSCAR REQUEJO
deseño e maquetación
MAGENTA
imprime
GRÁFICAS BOLFER
depósito legal VG
PRÓLOGO
Marisa Castro
Micóloga. Profesora Universidade de Vigo
Hai case 30 anos que se publicou a primeira guía de cogomelos
en Galicia, e hoxe xa pasa da ducia o número de publicacións
divulgativas relacionadas coa macromicoloxía galega. Todas
elas con un rigor científico que xa quixeran ter outras rexións de
España, aparentemente, con tradición máis micófila que o noso
País.
Nesta liña aparece agora este libro que temos na man, no que o
estudo dunha zona relativamente pequena, como son as marxes
do río Caselas, dá una idea da riqueza micolóxica que aínda ten
Galicia, a pesar do cambio climático, da seca dos últimos anos,
e da clara explotación masiva dalgunhas especies.
E por esta zona aparece a
gura de Óscar Requejo, naturalista,
micófilo e micólogo. Unha das mellores calidades que ten é a
de querer saber, querer coñecer sen máis ambición que a de
poder “conversar” de tu a tu cos cogomelos, coa natureza e cos
amigos.
Pero esa non é a única virtude de Óscar. É constante, serio e
humilde na súa afección investigadora. Son tres calidades para
chegar a ser un sabio e perseveranza non lle falta; pero ten
ademais calidades dunha excelente persoa: agradecemento e
lealdade coas persoas que o axudaron a comezar neste camiño.
Pola parte que me poida tocar, GRACIAS.
Xa hai un tempo que Óscar Requejo está ben integrado na
micoloxía galega, e non só por ser o secretario do Grupo
Micolóxico Galego. É un gran observador no campo e meticuloso
no laboratorio, o que queda de manifesto no número e na
calidade das especies citadas nesta guía.
Hoxe este libro oficializa o nacemento dun novo divulgador da
micoloxía galega, porque o seu traballo científico xa foi posto
de manifesto nos diversos artigos publicados, tanto en revistas
galegas como españolas e internacionais. Neste último caso
da man dun grande da micoloxía universal, como é Francisco
Calonge.
Este libro mostra claramente a calidade científica e divulgativa
do autor. Descrición das especies ben feitas, en linguaxe clara,
con un apartado de observacións, que enriquece tanto a propia
especie como a micodiversidade galega. A terminoloxía e
nomenclatura son de absoluta precisión. E que dicir da breve
e precisa introdución. Escribir longos textos faino calquera,
sintetizar, só quen sabe.
Este manual é un libro clásico e novo ao mesmo tempo;
describe o que ve pero tamén reflicte a súa preocupación pola
conservación das especies, polas listas vermellas,... tema no
que Óscar Requejo está traballando desde hai varios anos, xunto
con outros micólogos de Galicia para elaborar a primeira lista de
macrofungos (cogomelos) protexidos da nosa comunidade.
Desexo a todas as persoas que gocen con este libro, polo menos
tanto como eu gocei lendo e estou segura será de grande
utilidade a todos os afeccionados “os cogomelos”.
Vigo, 5 de Xuño de 2010
AGRADECEMENTOS
A José Manuel Piñeiro pola súa
inestimable e desinteresada
colaboración nesta guía, da que se
pode considerar coautor. Tamén
agradecer o apoio e a aposta do
Concello de Salceda de Caselas por
esta guía micolóxica.
A Jaime Blanco-Dios e Marisa Castro,
pola axuda prestada resolvendo
dúbidas, así como a Alfredo Justo e
José Rodríguez Vázquez pola achega
bibliográfica e a Juan Pablo Peleteiro
polas contribucións materiais para
confeccionar o herbario.
A desinteresada cesión de fotografías
por parte de Antonio Prunell por
Hebeloma crustuliniforme, Laetiporus
sulphureus
e
Mutinus caninus;
a
Julián Alonso pola fotografía de
Clitopilus prunulus;
a Pablo Veiga
por
Peroneutypa scoparia
,
Nectria
episphaeria
e
Marasmius rotula;
a
José Ramón Pato por
Ascocoryne
sarcoides
e a Nicanor Floro Andrés
polo texto de introdución aos
Myxomicetos.
A tódolos veciños de Salceda de Caselas
que dalgunha forma contribuíron con
este estudo ou coa revalorización do
río Caselas, aos membros do Grupo
Micolóxico Galego, a Asociación de
Xóvenes A Turonia de Entenza, a
Asociación C.D.E. Treze Catorze, e un
agradecemento moi especial a Marta
Martínez Lago polo apoio.
Índice
11
Salceda de
Caselas e o
seu río
15
Breve historia
da micoloxía
en Galicia
19
Conservación
23
Xeneralidades
dos fungos
catálogo de especies
29
Basidiomicetos
67
Ascomicetos
79
Myxomicetos
83 Glosario
89 Bibliografía
93 Índice de
especies
Zgłoś jeśli naruszono regulamin